O próximo xoves 24 de novembro convocamos a tódolos socios á Asemblea Xeral Ordinaria. Será ás 18:30H en primeira convocatoria e ás 19h en segunda e terá lugar na Aula Magna do Colexio (entrada pola rúa Taboada Leal).
No anterior curso escolar produciuse unha grande renovación dos membros da directiva. O ano estivo cheo de alegrías e tamén de desalento, foi un ano intenso. Este ano arrancamos con ilusión e tamén coa prudencia de ver se somos capaces abordar todo o planificado.
Este é o ORDE DO DÍA:
1.- Presentación Plan de actividades 2016-17
4.- Presentación orzamento 2016-17
5.- Aprobación de contas 2015-16
6.- Presentación das Axudas do ANPA para o curso 2016-17
7.- Aprobación asociarnos a SURGAPA
6.- Rogos e preguntas