Este venres comeza o curso Educar con Intelixencia Emocional organizado dende a ANPA e dirixido a tódolos pais e nais da comunidade educativa.
Quedan 5 prazas vacantes, así que se aínda estás interesado estás a tempo.
Impartido por Psicólogas do Centro Punto & Aparte, os obxectivos do curso son: Guiar a nais e pais na creación dun espazo familiar emocionalmente intelixente e facilitar estratexias e técnicas sinxelas de Intelixencia emocional aplicadas a situacións cotiás.
Será na Biblioteca do centro, os venres de 16:00 a 18:00 dende o 21 de abril ao 26 de Maio (Este último venres veremos de buscarlle unha data alternativa entre todos os inscritos porque sabemos que coincide coas festas do cole) Ten un custe de 20 € por persoa.
Se estás interesado Descarga o folleto con toda a información e apúntate na portería do colexio. A cota aboarase ao comezar a actividade.