Dende a Asociación convidámosvos a participar nunha nova edición do Día da Familia, cunha nova viaxe á Illa de Ons.
Coma sempre esta iniciativa pretende facilitar un punto de encontro e convivencia para a nosa comunidade educativa, ademáis de compartir praia, paseos e xogos nun espazo único.
Os datos máis relevantes a ter en conta son:
Data da viaxe: domingo 4 de xuño de 2017
Destino: Illa de Ons
Horario de referencia: de 10h a 19h (estaremos suxeitos aos horarios da naviera)
Prazo de preinscrición: ate o luns 29 de maio ás 14:00h.
Lugar de preinscrición: Neste Blog (Blog ANPA: salesianosanpa.com)
Condicións:
– Prezo I: 7,50€ por persoa para os membros da comunidade educativa.
– Prezo II: 9,50€ por persoa para os demais membros da familia (avós, tíos, curmáns, …)
– Só poderán viaxar un máximo de cinco persoas por cada un dos alumnos matriculados no colexio (incluido o propio alumno).
– Dispoñemos dun número limitado de prazas. A inscrición definitiva farase seguindo a estricta orde de entrega das preinscricións e unha vez pagada a viaxe.
– O pago da viaxe realizarase na biblioteca do colexio o martes 30 de maio e o mércores 31 de maio de 17:30 a 19:30h.
– Os menores deberán viaxar acompañados dun adulto.
Manterémosvos informados de todo o relacionado coa viaxe neste Blog.
Formulario Inscrición Illa Ons 2017 (Preme neste enlace)