Coma tódolos anos co gallo do Entroido, estamos a organizar unha festa no patio do colexio con doces típicos. Será o próximo xoves 8 de febreiro a partires das 17:30h.
Precisamos da vosa colaboración na aportación dos doces (orellas, filloas, rosquillas, biscoito, …) e do chocolate quentiño encargámonos nós.
Os pais e nais que desexedes colaborar, podedes entregar os produtos o mesmo día 8 de febreiro:
1- No local da ANPA de 15:30 a 16h, ou ben
2- No patio do colexio (no comedor escolar) a partir das 17:30h
Circular enviada a través da Plataforma EDUCAMOS
Animádevos a vir disfrazados e a pasar un bo rato!
Grazas pola vosa colaboración.