Onde está o/a gañador/a do Concurso de Postres?

Wally

Necesitamos que a gañadora ou gañador do Concurso de Postres do Entroido se poña en contacto connosco para facerlle entrega do seu premio.

As pistas coas que contamos son:

  1. O postre gañador foi este:

Postre Entroido

2. Martina é o nome da alumna.

Lembramos que nesta edición do concurso o Premio é esta fonte de chocolate.

Fonte_chocolate

Aproveitamos a ocasión para darvos as grazas a todos pola vosa asistencia e participación e moitas felicitacións polos deliciosos biscoitos, orellas, filloas, rosquillas, … ademais de encher de color o patio do colexio cos disfraces dos vosos rapaces.