Día da Familia 2018 – Illa de Ons

playa-melide-onsBenqueridas familias,

Tralo éxito de convocatoria acadado en cursos pasados, achegámonos novamente a toda a comunidade educativa para convidarvos a participar na xuntanza do Día da Familia.

Os datos máis relevantes a ter en conta son:

Data da viaxe: domingo 3 de xuño de 2018

Destino: Illa de Ons

Horario de referencia: de 11h a 19.15h Segundo horarios da navieira

Prazo de inscrición e pago: ate o venres 25 de maio (incluído)

Inscrición: Formulario

 Condicións:


Prezo I: 7,50€ por persoa para os membros da comunidade educativa.

Prezo II: 8,50€ por persoa para os demais membros da familia (avós, tíos, curmáns, …)

Menores de 2 anos non pagan billete, ainda que sí ten que figurar na inscrición.

Límite de cinco persoas por cada un dos alumnos matriculados no colexio (incluído o propio alumno). Os menores deberán viaxar acompañados dun adulto.

Pago: Transferencia Bancaria á conta ES29 2100 1774 2602 0008 3937 e concepto: Nome e apelidos do adulto titular da reserva – DNI – ONS (exemplo: Martín Sobreira Pardo – 36444333A – ONS)


Dado o número limitado de prazas asignaranse por estrita orde de ingreso e coa inscrición feita.


As prazas asignadas serán publicadas no blog do ANPA a semana do 28 de maio.