Atención a Urxencias Sanitarias para Familias

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no IES Politécnico de Vigo (Torrecedira 88,Vigo) os días 12, 19 e 26 de novembro en horario de 16:30 a 19:30.
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono 986.202.370 ata o día 7 de novembro.
A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 30 prazas.