O Centro Xuvenil Abertal en colaboración coa ANPA do colexio salesiano, está a poñer en marcha as “ IV MAÑÁS DE SEMANA SANTA” Datas: 21, 22 e 23 de marzo de 2016 Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil Abertal e do Colexio. Destinatarios: Nenos e nenas dende 4º de E.Infantil (3 anos), ata 6º de E. Primaria … Seguir lendo
Filed under Actividades educativas …
Grazas polo Contacontos
Moitas grazas a todos polas vosas aportacións: A Ana, María, Mar, Paz, Vicky, Rebeca e Yoli por ternos transportado a novos e fermosos mundos cos vosos contos. Ademáis todos, pais e nenos, aprendimos moito coas vosas moralexas. A tódolos pais, por ter traido aos vosos fillos e polas vosas aportacións á Campaña de Mans Unidas.
Visita á Universidade de Vigo
O xoves 25 de febreiro e no marco das actividades da Quincena de Orientación Académico Profesional os rapaces de 2º de Bacharelato terán unha visita á Universidade de Vigo. A ANPA colabora na organización e na financiación desta actividade.
Contacontos solidario
Este xoves 25 de febreiro de 2016 a partir das 17:45h na Biblioteca do cole e dentro do programa de actividades da Campaña de Mans Unidas, convidámosvos a unha hora pola solidaridade. Nais, pasí e profes do centro teñen organizado un Contacontos, que agardamos vos guste. O donativo solidario é de 1€.
Quincena de orientación
Nos meses de febreiro e marzo o colexio desenvolve a Quincena de Orientación Académico Profesional. O obxectivo desta iniciativa é ofertar actividades dirixidas a facilitar o proceso de decisión sobre que, como e onde estudar. Realízanse actividades nas aulas, no contexto da titoría, e actividades abertas a tódolos interesados, tanto do centro como de fóra do … Seguir lendo
Obradoiros familias 2016
O colexio e a ANPA presentamos un ano máis os obradoiros de familias. Pretendemos que sexan espacios de diálogo sobre temas de interese na educación das nenas e dos nenos. Os encontros van dirixidos a familias de cursos concretos, pero sempre están abertos a tódolos interesados e interesadas. Ademáis, dende o departamento de orientación do … Seguir lendo
Decoración Festival Don Bosco
A ANPA, en colaboración co colexio, encargouse do deseño, elaboración e montaxe do decorado para o Festival de Don Bosco no teatro. Nais e pais de infantil e primaria fomos testigos dunha grande festa, na que o esforzo e ilusión dos nosos fillos deron os seus froitos. Grande traballo!
Colaboración Torneo Futbito Nocturno
Outra das actividades da clausura do Bicentenario na que a ANPA colaborou foi na aportación de trofeos para o torneo de futbito nocturno organizado por Abertal. Ademáis varios integrantes da directiva e asociados participaron xogando en diferentes equipos.
Colaboración no II Boscochef
Como a Don Bosco lle gustaría que o celebrásemos: nenos e nenas; pais, nais e demáis familia; mestres e mestras; animadores e animadoras; todos a unha compartindo e celebrando o II Boscochef. A ANPA proporcionou o atuendo dos catro chefs que foron guiando aos máis pequenos na preparación dos seus pratos. Noraboa a todos!. Bó … Seguir lendo
Xornadas sobre a mocidade
Dende Abertal lémbrannos que se están a celebrar as Xornadas sobre mocidade na clausura do Bicentenario de Don Bosco. E por suposto, convídannos a participar. Achegámosvos o programa a continuación: Programa das xornadas sobre mocidade 2016