Filed under Apoio ás familias

Campaña de voluntariado na Biblioteca

Campaña de voluntariado na Biblioteca

A directiva da ANPA pon en marcha a Campaña de voluntariado na Biblioteca de cara ao curso 2015-2016. Esta acción enmárcase dentro do Proxecto de Dinamización da Biblioteca. Para que o proxecto funcione necesitamos pais voluntarios que poidan adicar unha hora á semán a estas tarefas na biblioteca do colexio. O horario previsto para esta iniciativa é … Seguir lendo

Actividades de 14 a 15h ata Fin de Curso

Actividades de 14 a 15h ata Fin de Curso

Tralo éxito acadado pola experiencia piloto posta en marcha o pasado 23 de febreiro, prolónganse ate o final deste curso as actividades para os nenos de 3º a 6º de EP, que se quedan no comedor. Os datos dos rapaces que aproveitaron esta iniciativa e correspondentes á segunda quincena de marzo falan por sí solos:   … Seguir lendo

Os perigos de Internet

Os perigos de Internet

O próximo martes 28 de abril ás 19:30h tódolos pais do colexio estamos convocados na Aula Magna para unha charla sobre os perigos que pode supoñer Internet para os nosos fillos. Debemos ser conscientes de que as consecuencias dunha mala utilización da rede, van máis alá do plano virtual, podendo xerar graves consecuencias na vida … Seguir lendo

A maratón dos pais: mellor camiñar que correr

A maratón dos pais: mellor camiñar que correr

Hoxe, martes 14 de abril, ás 19h na Aula Magna desenvolverase un diálogo sobre a xestión do tempo, o ambiente educativo e a influencia do noso estado de ánimo na nosa relación cos nosos fillos. Estará dirixida por Marta Lloves e está especialmente indicada para as familias de Educación Infantil. Para facilitar a asistencia contamos … Seguir lendo

Seguemento Actividades de 14 a 15h

Seguemento Actividades de 14 a 15h

Como xa sabedes, xa están en marcha as actividades de estudo e ocio para os alumnos que cursan dende 3º a 6º de Primaria e que se desenvolven de luns a xoves de 14 a 15h. Os datos facilitados dende Abertal amosan que a iniciativa está contando cunha participación activa dos rapaces. Este é o detalle … Seguir lendo

III Mañás de Semana Santa

III Mañás de Semana Santa

Xa está aberto o prazo para inscribirse nestas actividades destinadas ós alumnos de infantil e primaria. Desenvolverase os días 30, 31 de marzo e 1 e 6 de abril nas instalacións de Abertal. Para máis información: Asociación Xuvenil Abertal. Teléfonos: 986 22 56 62 / 606 64 42 46. Correo electrónico: abertal@abertal.org

Nutrición e autoimaxe saudable

Nutrición e autoimaxe saudable

O próximo luns 2 de marzo, ás 18:30h na Aula Magna do colexio, a médico de familia Ana Prejigueiro, dirixirá un obradoiro sobre “Nutrición e autoimaxe saudable“. Este obradoiro está dirixido ás familias de rapaces que cursan 2º da ESO.

Xornada de Experiencias Profesionais

Xornada de Experiencias Profesionais

Hoxe venres 27 de febreiro de 19:00 a 21:00h na Aula Magna celébrase a I Xornada de Experiencias Profesionais. Esta actividade intégrase na Quincena de Orientación Académica – Profesional que se está a levar a cabo no colexio (do 23 de febreiro ao 6 de marzo). Como sabedes, o obxectivo deste programa é facilitar o … Seguir lendo

Programa de Obradoiros de Familias

Programa de Obradoiros de Familias

Desde este mes de febreiro e ata o mes de xuño están programados encontros formativos coas familias. Están promovidos polo colexio e a ANPA. Pretendemos que sexan espazos de diálogo sobre temas relevantes na educación dos nosos rapaces.