Aínda que a faceta máis coñecida da ANPA é a organización de festas, facemos moito máis. Somos pais e nais comprometidos coa educación dos nosos fillos. Participamos na xestión do centro e contribuimos á mellora do colexio.
Tratamos de realizar unha xestión económica austera, con rigor e transparencia. Dispoñemos dun presuposto anual e unha contabilidade. Estas dúas feramentas permiten a súa aprobación en Asemblea e están ao dispor dos asociados nesta web.
A comunicación é un dos retos máis importantes que se nos plantexa á ANPA. Tratamos de establecer unha adecuada comunicación a través de circulares, blog, correo electrónico, carteis, etc.
A ANPA é unha organización que canaliza a participación das nais e pais, polo cal a coordinación dos voluntarios e colaboradores, é fundamental, á hora de poder cumplir coa nosa misión.