- A ANPA apoia e informa ás familias de alumnos do Colexio Salesianos Vigo.
- Traballa para que exista un bo clima de convivencia. Promove relacións de colaboración entre os pais e tamén entre os alumnos e outros membros da comunidade educativa: profesores, persoal non docente, equipo directivo, Abertal e Clubes deportivos.
- Colabora con toda a comunidade educativa e o Equipo Directivo na solución dos problemas e necesidades do colexio, participando na xestión do centro a través da sua representante no Consello Escolar.
- Representa e defende os intereses dos pais e nais de alumnos do centro. Recolle as suas opinións, suxerencias e propostas, e as traslada seguindo as canles previstas.
- A ANPA forma parte do Consello Escolar, órgano de goberno do colexio no que se toman moitas das decisión que afectan á educación dos nosos fillos e á organización do centro. A través da súa representante, informa ao Consello sobre os aspectos da marcha do centro que estima oportunos, eleva propostas para a eleboración do proxecto educativo e da programación xeral anual, participa nas suas deliberacións e votacións, recaba información sobre os resultados académicos e sobre a valoración que o Consello fai dos mesmos, etc. Tamén facilita a representación e participación dos pais no Consello Escolar.
- A ANPA fai un seguimento do funcionamento do colexio e os seus servizos (comedor, actividades extraescolares, instalacións, etc.), persigue e propón melloras, velando para que no noso centro se cumplan as condicións dunha educación de calidade e canalizando as inquedanzas dos pais e nais dos alumnos.