A Asociación de Nais e Pais do Colexio Salesianos Vigo é unha asociación sin ánimo de lucro, formada por pais e nais de alumnos. O seu obxectivo é participar na xestión do centro, representando ás familias, para contribuir á mellora do colexio dos nosos fillos.
Aínda que desenvolvemos numerosas actividades, como a organización de festas, actividades culturais, banco de chándales, actividades educativas, etc., a ANPA é algo mais. Somos nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos. E coa nosa participación na vida escolar, contribuimos á xestión do colexio, exercendo así un dereito amparado pola Constitución.
A ANPA fai seguimento do funcionamento do colexio e os seus servicios (comedor, actividades extraescolares, instalacións, etc.), persegue e propón melloras, velando para que no noso centro se cumplan as condicións dunha educación de calidade e canalizando as inquedanzas dos pais e nais dos alumnos.