A ANPA formámola nais, pais ou tutores de alumnos que estudan no colexio.
Tódolos pais de alumnos do colexio que o desexen son benvidos á asociación. Para elo, chega con cumplimentar un formulario de inscrición e aboar a cota anual.
A Xunta encárgase de levar adiante os acordos alcanzados na Asemblea e da xestión diaria da Asociación. Tódolos membros da Xunta Directiva son pais e nais voluntarios, que de xeito desinteresado colaboran na Asociación. Ningún cargo é retribuido.
Colaboradores
Ademais, outros pais e nais nos axudan na realización dos eventos organizados, coma festas, actividades socioculturais, banco de chándales, banco de libros, etc. Sin a sua colaboración non sería posible desenvolvelos. ¡Moitas grazas!
Se queres botar unha man nas actividades da asociación, eres benvido. ¡Anímate, necesitamos voluntarios!
Estatutos
A Asociación réxese por uns Estatutos, que foron aprobados por Asemblea Xeral.
Os Estatutos recollen as finalidades da Asociación, a composición e funcionamento dos seus órganos de goberno, o procedemento de admisión dos asociados e o réxime de financiamento, entre outros.
Podes descargalos picando na imaxe.