O programa para o viaxe do domingo 19 de xuño é o seguinte: 09:15h – Encontro na “Figura do Nadador” – Explanada de A Laxe. Entrega de billetes. 09:45h – Embarque en Vigo 10:00h – Saída de Vigo 11:15h – Chegada á Illa de Ons e fixación do Campamento Base na Praia de Canexol … Seguir lendo
Tagged with 2016 …
Día da Familia na Illa de Ons
ATENCIÓN: Neste enlace podes consultar as inscripcións con praza na primeira quenda. Haberá unha segunda quenda extraordinaria o mércores de 16:00 a 18:30 para o resto dos inscritos que non acadaron praza na primeira, ata cubrir o aforo do barco. Dende a Asociación convidámosvos a participar nunha nova edición do Día da Familia, … Seguir lendo
Boas festas de María Auxiliadora
¡Feliz día de María Auxiliadora a todos! Como sabedes, mañán mércores día 25 de maio estamos todos convidados á festa de toda a comunidade educativa. Será a partires das 17h. A nosa Asociación colabora nesta festa coa organización, financiamento e posta en marcha de diferentes actividades. Agardamos a vosa participación. Agradecemos a colaboración dos voluntarios que … Seguir lendo
Quendas para pais no comedor
Dentro do programa de mellora do servizo de comedor, quedaba pendente de implementar a asistencia ó comedor de pais durante o servizo. A partires deste mércores 25 de maio xa será un feito. Os nais e pais do centro poderemos acceder ao servizo de comedor do centro os mércores, tendo en conta o seguinte: Mércores do mes … Seguir lendo
26 Alumnos por día nas Actividades de Sobremesa
Dende o pasado curso os alumnos que se quedan no comedor teñen a posibilidade de asistir aos locais de Abertal onde contan con espazos diferenciados e monitores para realizar diferentes actividades (xogos de mesa, lectura, debuxo, estudo e facer deberes). Dado que a actividade está financiada pola Asociación, informámosvos de que a asistencia continua a … Seguir lendo
Campaña voluntariado Festas María Auxiliadora – Obradoiros
Aproxímase Maio, e a organización das Festas de María Auxiliadora xa está en marcha. En anos anteriores moitos pais colaboraron coa montaxe de diferentes obradoiros cos que os nenos disfrutaron moito (música, pintura, xardinería, repostería, …). Gustaríanos contar contigo na posta en marcha dalgún obradoiro. Si tes algunha idea nova ou queres participar como voluntario, enche o seguinte … Seguir lendo
Xornada de Experiencias Profesionais
O próximo venres 4 de marzo ás 19h dentro da programación da Quincena de Orientación Académica-Profesional, terá lugar na Aula Magna do colexio un encontro no que profesionais de distintos sectores e ámbitos presentarán as actividades que desenvolven na súa práctica diaria. Moitas grazas pola colaboración recibida por parte de moitos pais e nais que … Seguir lendo
Obradoiro para as familias de 3º da ESO
O próximo martes 1 de marzo, as familias de 3º da ESO están convidadas á un novo obradoiro no que se fará unha presentación de 4º da ESO e tamén se tratará sobre a prevención no consumo de drogas. Será na Aula Magna do cole ás 19h. Máis información: Obradoiros de familias
Grazas polo Contacontos
Moitas grazas a todos polas vosas aportacións: A Ana, María, Mar, Paz, Vicky, Rebeca e Yoli por ternos transportado a novos e fermosos mundos cos vosos contos. Ademáis todos, pais e nenos, aprendimos moito coas vosas moralexas. A tódolos pais, por ter traido aos vosos fillos e polas vosas aportacións á Campaña de Mans Unidas.
Visita á Universidade de Vigo
O xoves 25 de febreiro e no marco das actividades da Quincena de Orientación Académico Profesional os rapaces de 2º de Bacharelato terán unha visita á Universidade de Vigo. A ANPA colabora na organización e na financiación desta actividade.