Tagged with biblioteca

Grazas polo Contacontos

Grazas polo Contacontos

Moitas grazas a todos polas vosas aportacións: A Ana, María, Mar, Paz, Vicky, Rebeca e Yoli por ternos transportado a novos e fermosos mundos cos vosos contos. Ademáis todos, pais e nenos, aprendimos moito coas vosas moralexas. A tódolos pais, por ter traido aos vosos fillos e polas vosas aportacións á Campaña de Mans Unidas.  

Contacontos solidario

Contacontos solidario

Este xoves 25 de febreiro de 2016 a partir das 17:45h na Biblioteca do cole e dentro do programa de actividades da Campaña de Mans Unidas, convidámosvos a unha hora pola solidaridade. Nais, pasí e profes do centro teñen organizado un Contacontos, que agardamos vos guste. O donativo solidario é de 1€.  

Exposición Obradoiros do Nadal

Exposición Obradoiros do Nadal

A continuación amosamos algunhas das creacións dos obradoiros do Nadal. Os nosos pequenos artistas deixaron no cole parte das súas obras para decorar. As obras estarán expostas na entrada do cole (por conserxería) ate o comenzo das vacacións.

Exposición dixital de Felicitacións do Nadal

Exposición dixital de Felicitacións do Nadal

A continuación amosamos as creacións do alumnado, o PAS, e de pais e nais, para o Concurso de felicitacións do Nadal. As obras estarán expostas na entrada do cole (por conserxería) ate o comenzo das vacacións. Noraboa a todos pola vosa creatividade! e lembrade que os premios serán entregados nos respectivos festivais. Alumnado de Infantil Alumnado … Seguir lendo

Obradoiros de Nadal

Obradoiros de Nadal

Ven cos teus fillos os días 2 e 3 de decembro á biblioteca do colexio e crearedes fermosos adornos para o Nadal: renos, papanoeles, bonecos de neve… Non precisaredes traer ningún material. O colexio e a ANPA proporcionarán todo o necesario para confeccionar os adornos, que logo nos servirán para decorar distintas estancias do colexio. Os rapaces … Seguir lendo

Outras mascotas finalistas

Outras mascotas finalistas

  A nosa mascota foi creada por un pai do centro, Andrés Muñoz de Martín, gañador do concurso que se organizou conxuntamente entre o Cole e a ANPA. Foron moitos os participantes e moi fermosos os seus deseños. Aquí tedes unha mostra. Moitas grazas a tódolos participantes. Bo traballo! Preme aquí e verás máis mascotas

Outono na Biblioteca

Outono na Biblioteca

Moitas grazas pola masiva asintencia á actividade organizada o pasado xoves na biblioteca. Pasamos un rato divertido e entretido! O director do cole fixo entrega do premio pola creación da mascota da biblioteca. O gañador foi un pai: ANDRÉS MUÑOZ DE MARTÍN. No ANPA temos especial predilección polas acitvidades desenvoltas neste lugar do cole. Este … Seguir lendo

Ven á Biblioteca

Ven á Biblioteca

O xoves día 5 de novembro anímate a vir á Biblioteca. O equipo da biblioteca do cole mais a directiva da ANPA temos preparadas actividades para os teus fillos, e presentarémosvos a nova mascota. Este é o programa. Agardamos que vos guste. Máis información en Presentación oficial da mascota da biblioteca.

Viaxe a Cíes. Adianto no prazo de abono e confirmación

Viaxe a Cíes. Adianto no prazo de abono e confirmación

Debido ao elevado número de solicitudes, e co fin de mellorar a xestión da lista de reservas, comunicámosvos que o prazo para aboar e confirmar as prazas solicitadas adiántase a este xoves día 11 e ao venres día 12 de xuño de 16.30h a 18.30h na biblioteca do colexio.