Dentro do programa de mellora do servizo de comedor, quedaba pendente de implementar a asistencia ó comedor de pais durante o servizo. A partires deste mércores 25 de maio xa será un feito. Os nais e pais do centro poderemos acceder ao servizo de comedor do centro os mércores, tendo en conta o seguinte: Mércores do mes … Seguir lendo
Tagged with comedor …
26 Alumnos por día nas Actividades de Sobremesa
Dende o pasado curso os alumnos que se quedan no comedor teñen a posibilidade de asistir aos locais de Abertal onde contan con espazos diferenciados e monitores para realizar diferentes actividades (xogos de mesa, lectura, debuxo, estudo e facer deberes). Dado que a actividade está financiada pola Asociación, informámosvos de que a asistencia continua a … Seguir lendo
Festa Entroido 2016
Como tódolos anos co gallo do Entroido, estamos a organizar unha festa no patio do colexio con doces típicos. Será o próximo xoves 4 de febreiro a partires das 17:30h. Precisamos da vosa colaboración na aportación dos doces (orellas, filloas, rosquillas, biscoito, …) e do chocolate quentiño encargámonos nós. Os pais e nais que desexedes … Seguir lendo
Colaboración no II Boscochef
Como a Don Bosco lle gustaría que o celebrásemos: nenos e nenas; pais, nais e demáis familia; mestres e mestras; animadores e animadoras; todos a unha compartindo e celebrando o II Boscochef. A ANPA proporcionou o atuendo dos catro chefs que foron guiando aos máis pequenos na preparación dos seus pratos. Noraboa a todos!. Bó … Seguir lendo
Actividades Clausura Bicentenario – Abertal
Dende Abertal, convídannos a participar nas actividades que se teñen programado para clausurar o Bicentenario do nacimento de Don Bosco. Inscríbete no Boscochef Incríbete no torneo de futbito A continuación amosámosvos un resumo de tódalas actividades programadas por Abertal.
Inscrición visita Serunión
Hoxe, xoves 3 de novembro ás 18h, temos unha cita nas instalacións de Serunión. Aínda estás a tempo de inscribirte. Inscríbete premendo aquí.
Actividades de Sobremesa en Abertal
Co inicio das clases pola tarde voltamos a poñer en marcha xunto con Abertal as Actividades de Sobremesa para os rapaces que se quedan no comedor. Como xa acontecera no curso pasado o número de rapaces e rapazas que acuden diariamente ás actividades é moi considerable. O resumo de asistencia no que vai de mes … Seguir lendo
Melloras no comedor
As seguintes melloras no servizo do comedor xa están postas en marcha ou están en proceso e deben executarse antes do fin de curso: RESPECTO Á XESTIÓN HUMANA DO SERVIZO: – Presenza dunha coordinadora dos monitores, dependente de Serunión, que coordina o grupo de profesionais, resolve, se procede, as incidencias cotiás e informa sobre … Seguir lendo
Comunicado novidades comedor
O ANPA, leva varios anos facendo seguimento da situación do comedor do colexio, identificando e trasladando queixas e propostas para un mellor servizo . Ó mesmo tempo a participación dun centenar de pais e nais a través da firma dun escrito onde se manifestaba a súa pouca satisfacción co servizo do comedor, xunto … Seguir lendo
Actividades de 14 a 15h ata Fin de Curso
Tralo éxito acadado pola experiencia piloto posta en marcha o pasado 23 de febreiro, prolónganse ate o final deste curso as actividades para os nenos de 3º a 6º de EP, que se quedan no comedor. Os datos dos rapaces que aproveitaron esta iniciativa e correspondentes á segunda quincena de marzo falan por sí solos: … Seguir lendo