Aproxímase Maio, e a organización das Festas de María Auxiliadora xa está en marcha. En anos anteriores moitos pais colaboraron coa montaxe de diferentes obradoiros cos que os nenos disfrutaron moito (música, pintura, xardinería, repostería, …). Gustaríanos contar contigo na posta en marcha dalgún obradoiro. Si tes algunha idea nova ou queres participar como voluntario, enche o seguinte … Seguir lendo
Tagged with obradoiros …
Obradoiro para as familias de 3º da ESO
O próximo martes 1 de marzo, as familias de 3º da ESO están convidadas á un novo obradoiro no que se fará unha presentación de 4º da ESO e tamén se tratará sobre a prevención no consumo de drogas. Será na Aula Magna do cole ás 19h. Máis información: Obradoiros de familias
Quincena de orientación
Nos meses de febreiro e marzo o colexio desenvolve a Quincena de Orientación Académico Profesional. O obxectivo desta iniciativa é ofertar actividades dirixidas a facilitar o proceso de decisión sobre que, como e onde estudar. Realízanse actividades nas aulas, no contexto da titoría, e actividades abertas a tódolos interesados, tanto do centro como de fóra do … Seguir lendo
Colaboración no II Boscochef
Como a Don Bosco lle gustaría que o celebrásemos: nenos e nenas; pais, nais e demáis familia; mestres e mestras; animadores e animadoras; todos a unha compartindo e celebrando o II Boscochef. A ANPA proporcionou o atuendo dos catro chefs que foron guiando aos máis pequenos na preparación dos seus pratos. Noraboa a todos!. Bó … Seguir lendo
Xornadas sobre a mocidade
Dende Abertal lémbrannos que se están a celebrar as Xornadas sobre mocidade na clausura do Bicentenario de Don Bosco. E por suposto, convídannos a participar. Achegámosvos o programa a continuación: Programa das xornadas sobre mocidade 2016
IV Mañás de Entroido
Dende Abertal poñen en marcha as “IV Mañás de Entroido” que terán lugar os días 8, 9 e 10 de febreiro. Teñen preparadas para os rapaces dende 4º de Educación Infantil ate os de 6º de Educación Primaria, unhas entretidas mañás con xogos, deportes, obradoiros e animación á lectura. Para máis información: Circular Mañás de … Seguir lendo
Programa Festas Colexiais
O colexio convídanos a participar no programa de actividades para a celebración das Festas de Don Bosco. Coas celebracións deste días remata a conmemoración do Bicentenario do nacemento de Don Bosco, que comezara o 14 de xaneiro de 2015 cunha sota de globos. Os días fortes das celebracións colexiais son o 28 e 29 de … Seguir lendo
Exposición Obradoiros do Nadal
A continuación amosamos algunhas das creacións dos obradoiros do Nadal. Os nosos pequenos artistas deixaron no cole parte das súas obras para decorar. As obras estarán expostas na entrada do cole (por conserxería) ate o comenzo das vacacións.
Concurso de felicitacións do Nadal – Bases
O próximo venres 4 de decembro celebraráse na biblioteca do centro o concurso de felicitacións do Nadal. Agardámoste. Bases do concurso
Obradoiros de Nadal
Ven cos teus fillos os días 2 e 3 de decembro á biblioteca do colexio e crearedes fermosos adornos para o Nadal: renos, papanoeles, bonecos de neve… Non precisaredes traer ningún material. O colexio e a ANPA proporcionarán todo o necesario para confeccionar os adornos, que logo nos servirán para decorar distintas estancias do colexio. Os rapaces … Seguir lendo